Ebanista de profesión militante no Partido Comunista dende o ano 34. Fala das súas motivacións, compañeiros, reunións e mítins. Eleccións de febreiro do 36 e referendo do Estatuto. Morte de dous militantes nun enfrontamento con falanxistas e incidentes no enterro. Os primeiros días da guerra: irmán paseado; intentos de resistencia; agáchase primeiro nunha casa e despois fuxe ao monte. Algúns detalles da represión e da vida no monte. Incorpórase ao exercito nacional coa intención de pasar á zona republicana, aínda que finalmente non o fai. Ao remate da guerra é denunciado pola súa implicación nun tiroteo cun grupo de falanxistas o 20 de xullo do 36. No ano 48 fai de enlace para a guerrilla, feito polo que é detido e pasa tres anos na cadea.