
Nomes e Voces
Este fondo é resultado dos traballos do Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" que naceu ao abeiro das programacións que realizou a Xunta de Galicia con motivo do Ano da Memoria 2006 coa intención de estudar ás vítimas da represión durante a Guerra Civil e a ditadura, e ofrecer á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron persecución por mor da súa posición favorable á democracia republicana.
O traballo vira ao redor da pescuda dos nomes, das voces e dos lugares da represión para o que se indagou en 2000 procesos sumariais, nos 315 rexistros civís e fixéronse 482 entrevistas para recoller os testemuños dos que pasaron polo cárcere ou estiveron agochados, así como as lembranzas dos seus descendentes.