Entrevista nº 105

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Lembranzas da infancia e a familia na segunda década do XX; a vida cotiá e o traballo coas vacas e no campo. As feiras. A mocedade e os bailes. A traxedia da guerra: levada presa e logo deportada por pasarse o seu home ao bando republicano. Tamén matarán a dous irmáns do seu home. Represión noutros membros da familia. Os interrogatorios pescudando polo seu cuñado. O cárcere: o hacinamento; a falla de condicións hixiénicas; o ter que facer a propia comida; a relixión e os cregos; o simulacro dun embarazo dunha presa para evitar o fusilamento; o parto doutra presa. A deportación en Salvaterra. A axuda aos presos trasladados ao paso pola estación. O retorno e detención do seu home rematada á guerra. As dificultades da posguerra e o franquismo.