Entrevista nº 108

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A infancia e a familia; a emigración no Brasil; os estudos nos xesuítas de Camposancos. A empresa da electricidade e a electrificación da zona. Outros recordos da época: a gripe do 17; o naufraxio dun mercante; a explosión dunha caldeira. A vida política local; a manifestación agrarista de 1923. O lecer; sociedades recreativas e bailes. A proclamación da República; os errores da República. A guerra; os días da sublevación, do 18 ao 27 de agosto; os intentos de resistencia e a entrada dos sublevados. A represión: detencións e fuxidos, paseos e fusilamentos; consellos de guerra. As distintas autoridades. Os penais de Camposancos e Oia. A militarización da empresa e o traballo de presos. A posguerra; a escasez e o contrabando de cobre; a fiscalía de taxas.