Dependente de comercio e militante do P.C. dende 1921. Lembra os primeiros días da sublevación militar e algúns intentos de resistencia. Agáchase en varias casas, pasando unha longa tempada nunha alugada ao efecto pola súa nai, mentras a súa muller e fillos van para o pobo dos seus sogros. A nai, unha muller moi relixiosa, o atende e oculta durante mais dun ano ata que decide entregalo e é detido pola Guardia Civil. Condeado a 14 anos cumpre 11 en diversos cárceres e campos de concentración, entre eles os da liña Madrid-Burgos e o Val dos Caídos.