Resumo
Barbeiro militante da CNT durante a República en Vilagarcía e afecionado á escritura publicando diversos artigos na prensa da época. Os recordos dos conflictos sociais durante a República e as diferencias nas distintas forzas de esquerda. A homenaxe a José Moreira, médico e encargado da beneficencia no Concello durante a República. As actividades culturais, o Ateneo, do que colaborara na fundación. A sublevación. A folga e os intentos de resistencia. A detención, o calabozo e o paso polos cárceres de Pontevedra, San Simón e León. Os paseos e os fusilamentos. A estadía nas cárceres facendo de barbeiro dos compañeiros presos. O destino nun batallón de traballadores. O retorno a Vilagarcía tras pasar tres ou catro meses en Carril por desconfianza.