Membro das Mocedades Galeguistas en Ourense. O xérmolo familiar e persoal do folclore, o coro de Ruada. As reunións das Mocedades Galeguistas e as tertulias cos maiores. As publicacións; Guieiro. A propaganda do Estatuto. O fracaso e o amaño do referendo. Os enfrontamentos con grupos de dereita. As diferencias ideolóxicas no PG; a escisión. A súa decepción co Frente Popular: a reunión para a celebración do 1º de maio do 36, a militarización dos grupos de esquerda. Outros núcleos galeguistas na provincia. A represión e o novo réxime.