Entrevista nº 124

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Adolescente orfo foxe da casa para alistarse no exército cos requetés. Reclamado e devolto a casa repite a fuga outras dúas veces ate que ao chegar a súa quinta consegue incorporarse a un reximento de infantería. Rematada a guerra solicita o ingreso na Academia de onde sae co grado de tenente. Retirado do exército emigra a Arxentina no ano 50, onde permanece ate o 70. Traballou en contabilidade, e reclamou a súa moza para casar con ela. O franquismo.