Entrevista nº 128

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A vida familiar en torno ao irmán retornado de América e socialista. A casa e as rendas. A guerra e a represión: a detención do irmán. A confiscación de tódolos bens. O traslado a Tui e a atención ao seu irmán durante o consello de guerra e ata que é fusilado en decembro do 36. A carta de despedida. A súa deportación en Lalín e Santiago. Outros abusos e extorsións. O xuízo contra un brigada da Garda Civil por querer que lle firmara un recibo dunha máquina de escribir que lle roubaran. O retorno á economía do campo para sacar á familia adiante; lavar roupa para os presos do penal de Camposancos. O racionamento e o estraperlo; o leite para o capellán do penal. A recuperación plena da casa 20 anos mais tarde e a perda dos outros bens.