Resumo
O comezo da guerra no Ferrol como timonel a bordo dun remolcador; os movementos de tropas e buques: o avión; o tiroteo de fusil entre o Paseo de Herrera e o acorazado España; os intentos do Cervera de sair do dique. A situación a bordo do seu barco. O día seguinte: a orden de entregar os fusís e as detencións noutros buques. Os fusilamentos. A instalación dun canón e a accidentada navegación cara Asturias; o cuartel de Simancas e os disparos sobre Xixón. O que lle contaron sobre o comezo da guerra e a represión en Noia; a queima da igrexa de San Bernardo; o sometemento da Guardia Civil ó mando dos carabineros, as forzas procedentes de Santiago; a fuga en dous bous; a represión. A posguerra e o racionamento.