Entrevista nº 1367

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Muller de Carballo. O traballo no campo ou como lavandeira. O traballo nas minas de volframio na Agualada, onde había homes e mulleres, incluso de moito idade. A fame e as duras condicións de vida. A actividade da nai como estraperlista. Os problemas da ensinanza e o analfabetismo. A represión despois da guerra, con fuxidos e asasinatos. As dificultades na vida da posguerra, coa alimentación, o frío ou as enfermidades. Diversos aspectos da vida cotiá.