Neto dun emigrante enriquecido no Brasil e fillo dun alcalde de Porriño durante a dictadura de Primo de Rivera, emigra á Arxentina para casar cunha moza que coñecera xa eiquí. Retorna logo a España ilusionado pola proclamación de República e mentres traballa no aserradeiro de seu pai participa nas actividades da Federación de Sociedades Agrarias na zona de Porriño. O seu irmán, militante de Izquierda Republicana, era alcalde de Mos en xullo do 36. Tralo alzamento decide marchar de Mos e finalmente embarca para América, oonde pasará os 20 anos seguintes. O seu irmán é detido e preso en Tui ata que consegue sair e pasar primeiro a Portugal e logo reunirse con el na Arxentina.