Entrevista nº 146

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Militante da dereita durante a República, durante a Guerra Civil participou como avogado defensor en varios Consellos de Guerra. Lamenta que houbera "más paseados que juzgados". Lembranzas da política local durante a República e da persecución económica que padeceu un ex-alcalde despois da sublevación. Algúns detalles da súa actuación na administración do novo réxime durante a guerra. Relata feitos acontecidos en numerosos lugares de Galicia e mesmo de Asturias.