Era apoderado do PSOE. Os resultados das eleccións de febreiro do 36. Levantamento en marzo por ausencia de pan que se resolve co permiso do alcalde para que se repartira trigo dos graneiros. A pouca relevancia dos falanxistas antes da guerra. O fusilamento do alcalde por culpa dun cura da vila que declarou contra el. O inicio da sublevación e as requisas de armas pola CNT. A queima do convento de San Francisco. A reacción da Guardia Civil. A chegada das tropas dende A Coruña. A mínima resistencia. A represión, os fusilados, os "xuízos fantasma". A actitude dos curas. A súa incorporación ao exército no 36, para eludir problemas. Análise un por un do que pasou con varios membros do concello republicano, así como outras persoas. A súa actividade na clandestinidade despois da guerra, mesmo pasando un tempo fuxido, igual que outros compañeiros. A desilusión ante a permisividade dos Aliados co réxime.