Militante sindical, participa na organización dun Comité de Defensa fronte á sublevación militar en Ribeira e Palmeira coa formación de patrullas. Previsións dunha posible evacuación por mar e chegada de Elpidio Villaverde e o alcalde de Vilagarcía nun balandro. Diante da nula posibilidade de resistencia devolven armas e coches requisados. Chegada das tropas e toma do pobo; comezo da represión. A primeira noite de fuxida durme nunha dorna e nos seguintes días en distintas casas. Relato dos malos tratos a familiares de presos e fuxidos. Relato de feitos da represión na zona e das actitudes de xente de dereita, da Falange e do cura. Encarcelado no ano 39 bota ano e medio no cárcere en Santiago. Relato de accións de Foucellas.