Entrevista nº 153

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Era un neno, fillo dun carteiro en Lalín, durante a guerra. Lémbrase dos homes que foron a Pontevedra cando empezou a sublevación, da mala sona que tiña o sarxento da Guardia Civil, do pai cando o mandaron requisar as armas. A represión, os fusilamentos e os escapados. O paseo do seu tío e cinco homes mais sacados do cárcere de Pontevedra. Os foucellas e a guerrilla. As experiencias de neno: o medo polas noites; a escola.