Entrevista nº 1700

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Manuel Lorenzo Baleirón (1957), nacido en Tarrío (San Xián de Laíño, Dodro), fala do papel da braña de Laíño no funcionamento do sistema agrario da parroquia durante o último século, e tamén da relevancia deste espazo desde o punto de vista identitario. O entrevistado explica con detalle o proceso de desposesión da braña comunal, hoxe xestionada pola Demarcación de Costas do Estado en Galicia. A tradición leiteira de Laíño, os usos do monte ou o rol do río Ulla como vía de comunicación central son outros temas centrais. A súa narración bebe da súa experiencia como veciño de Tarrío pero tamén do coñecemento que construíu a partir do seu traballo como investigador, que deu lugar ao libro "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga".