Felisa Rey Lorenzo (70-90 anos, natural de Bexo) Jose Manuel Varela Abuin (70-90 anos, natural de Rianxo) e Vicente Varela Rey (30-50 anos, natural de Bexo), pais e fillo, falan nesta entrevista da xestión das terras comunais da parroquia a partir da súa memoria, tanto no que respecta ao monte —e ao que significou a chegada da forestal e a recuperación do monte en man común— como na braña, aberta a todos os veciños, e na insua, compartida entre a xente de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro) e da Vacariza (Isorna, Rianxo). Tamén tratan cuestións como a produción e comercialización do leite, a emigración ou as festas, que mostran a forte identidade de cada unha das aldeas que compoñen San Xoán de Laíño.