Entrevista nº 1702

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Benjamín Recarey Rendo (30-50 anos, natural de Imo) e María Rendo Iglesias (70-90 anos, nacida en Boqueixón pero residente en Imo desde os 5 anos) explican nesta entrevista como estaba organizado o territorio de San Xoán de Laíño en función da propiedade (privada ou comunitaria) e dos seus aproveitamentos. Tamén destacan o papel esencial do monte comunal até a chegada do Patrimonio Forestal do Estado, que relacionan directamente co progresivo abandono do rural, así como da braña até a chegada da concentración parcelaria e a afectación dos terreos pola Demarcación de Costas. Ademais, narran o proceso de devolución do monte en man común, que primeiro foi conxunto para as tres parroquias do Concello (1979), até a segregación da comunidade de San Xoán de Laíño (1997). Por último, expoñen algunhas ideas que explican a identidade particular das diferentes aldeas de San Xoán de Laíño.