Entrevista nº 1703

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Ramón Abuín Gómez (50-70 anos, natural de Tallós), secretario da Comunidade de Montes de Balouta e Fontecova (parroquias de San Xulián de Laíño e Santa María de Dodro) e tamén concelleiro e tenente de alcalde de Dodro, fala na entrevista de dous procesos conflitivos que afectaron ás terras de Laíño e Dodro: a desposesión da braña, que tras entrar na concentración parcelaria pasou a mans da Demarcación de Costas do Estado, e a recuperación do monte comunal conxunto para as tres parroquias (1979), até a segregación da comunidade de San Xoán de Laíño, que xestiona por separado o monte da Cruz de Avelán. O funcionamento da comunidade de montes da que fai parte, os aproveitamentos que se realizan e mesmo algunhas propostas que até o momento non foron efectivas son un tema central na entrevista, mais tamén trata outras cuestións como a importancia que aquí tivo a emigración ou a identidade particular das diferentes parroquias e aldeas que conforman o concello de Dodro.