Entrevista nº 1704

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Anxo Angueira Viturro (50-70 anos, natural de Manselle) trata a importancia da braña como espazo comunal na historia recente da súa aldea e da parroquia de San Xulián de Laíño. Tamén trata especificamente outras cuestións como a dedicación gandeira de Laíño, con especial atención ás cooperativas leiteiras dos anos 20 e 30; a propiedade particular e colectiva da terra, xa sexa na braña ou no monte; o manexo da auga, tamén trazado en común; ou a importancia do río como vía de comunicación, esencial desde o punto de vista económico, social ou cultural. Fala destes temas en base ás súas vivencias e tamén do seu traballo investigador, a partir do que escribiu a novela Pensa Nao, inspirada nas cooperativas leiteiras de preguerra que funcionaron en Laíño.