Rosaura Eiras Rial (70-90 anos, natural de Bexo, San Xoán de Laíño, Dodro), María González Rodríguez (70-90 anos, natural de Bexo, San Xoán de Laíño, Dodro), Manuel Iglesias Rial (70-90 anos, natural de Pousadas, Araño, Rianxo) e María Dolores Vigo Susavila (50-70 anos, natural de Pexegueiro, San Xulián de Laíño, Dodro) presentan a organización do territorio a partir da aldea de Bexo (San Xoán de Laíño), falando con maior detalle do que corresponde aos principais espazos comunais: a braña, a insua e o monte. Tamén comparan a realidade de Bexo coa doutras aldeas nas que residiron ou que coñecen ben, como Teaio ou Pexegueiro, tamén en Dodro, ou as parroquias de Augas Santas, en Lousame, e o Araño, Rianxo. Ademais, desenvolven especialmente algunhas cuestións, como a organización dos principais traballos en común ou o proceso de abandono da braña logo da concentración parcelaria e da afectación pola Demarcación de Costas.