Entrevista nº 1706

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Elena Rial Iglesias (70-90 anos, natural de Teaio, San Xoán de Laíño, Dodro), María Rivas Alfonsín (70-90 anos, natural de Buxán, Rois; residente en Teaio e cuñada de Elena) e María Rial Rivas (50 anos, natural de Teaio e filla de María Rivas) falan nesta entrevista da organización do territorio e do traballo desde a perspectiva da súa casa, na aldea de Teaio, en San Xoán de Laíño. Non facían uso da braña, pero si do monte comunal. O seu aproveitamento antes da chegada da forestal é un dos temas centrais da entrevista, así como a xestión e os aproveitamentos gandeiros que realizaban. Tamén falan en profundidade doutros asuntos, como os cultivos que traballaban ou a historia da familia.