Entrevista nº 1707

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Eva Castro Lavandeira (70-90 anos, natural de Lestrobe, Dodro) presenta nesta entrevista a súa historia persoal, moi vinculada ao traballo coas vacas e coa terra. Tivo a capacidade de reinventarse e innovar en moitos sentidos. De feito, durante os últimos anos dedicouse á comercialización de flores, que cultivaba nos invernadoiros da casa e logo vendía, principalmente na praza de Ribeira, onde aínda teñen un posto. Tamén fala dos procesos de comercialización do leite, das terras comunais das que dispoñían os veciños de Dodro (que tamén ían á braña de Laíño) ou dos conflitos coa forestal. Cara ao final intervén o seu home, Remigio Jamardo Barreiro (70-90 anos, natural da Devesa, Campaña, Valga), que estivo empregado no ICONA durante 34 anos.