Antonio Otero Castro (70-90 anos, natural de Teaio, San Xoán de Laíño) conta nesta entrevista a historia da explotación gandeira que xestionou durante varias décadas, desde que a impulsou en 1966 até a súa prexubilación no ano 2000, cando se acolleu a un plan de abandono por falta de relevo familiar. Fala en profundidade da historia familiar antes de el se facer cargo da explotación, así como de aspectos concretos como o proceso de comercialización do leite ou o papel das feiras. Tamén trata con detalle outros asuntos, como a propiedade comunal de diferentes terreos na parroquia de San Xoán de Laíño (principalmente a braña e o monte) e a súa xestión ao longo do tempo.