Entrevista nº 1709

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Agustín Quintáns Zas (50-70 anos, natural de Estramundi, Padrón) e Ángeles González Regueira (50-70 anos, natural do Rialiño, San Xián de Laíño) tiveron unha explotación gandeira e leiteira até principios dos anos 2000, cando decidiron deixalo polas esixencias que tiñan que cumprir. Na entrevista tratan en profundidade esta cuestión, así como a organización do territorio (privado e comunal; de cultivo e monte) na aldea do Rialiño ou as orixes da explotación forestal nos montes da parroquia. Tamén explican cales eran os principais cultivos que traballaban, de que xeito comercializaban o leite ou como os afectou a concentración parcelaria na Braña de Laíño, que logo ficou baixo titularidade da Demarcación de Costas do Estado.