Clotilde Torres Reboiras (70 anos, aproximadamente, natural de Reboiras, San Xulián de Laíño) viviu sempre na súa aldea natal, con grande vinculación ao traballo da terra. Na entrevista, explica con detalle as transformacións que sofreu a braña de Laíño nas últimas décadas. Tamén fala en profundidade das relacións comunitarias e das redes de apoio e entreaxuda construídas en torno á aldea de Reboiras