Celestina Reboiras Romero (50-70 anos, natural de Reboiras, San Xián de Laíño) viviu sempre na súa aldea natal, aínda que o seu oficio non estivo vinculado á terra. Como moitas outras persoas da súa xeración, traballou na industria; no seu caso, nunha fábrica téxtil de Boiro na que se empregou con 14 anos, até que ficou no paro con 35. Nesta entrevista, comeza presentando algunhas cuestións da historia da familia e da casa para logo centrarse na súa experiencia laboral.