Ramona Mariño González e Victoria Rey Mariño, nai e filla, residen en Reboiras (San Xián de Laíño). A esta aldea chegou Ramona para casar con 24 anos, procedente do lugar de Bexo, na parroquia veciña de San Xoán de Laíño. Ramona, que foi labrega e leiteira, fala das diferenzas que encontrou entre a vida nun e noutro lugar, a pesar de se encontraren tan próximos. Na entrevista, as dúas mulleres profundan no manexo da braña ao longo das décadas, así como noutras cuestións como as redes de apoio na aldea, o funcionamento das feiras ou a organización das festas.