Entrevista nº 1714

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Joám Evans Pim é natural de Rianxo, aínda que casou para Froxán (Vilacova, Lousame), lugar onde reside desde entón. Na entrevista, Joám fálanos da historia recente do monte veciñal de Froxán, así como doutros montes da contorna. Tamén analiza o funcionamento dunha comunidade como a de Froxán, que conta só con cinco casas, e fai unha revisión da noción de común e comunidade en relación co papel que hoxe acostuma ter unha comunidade de montes. Na parte final da entrevista, Joám explica algunhas das principais accións postas en marcha en Froxán durante os últimos anos, polas que a comunidade ten recibido xa varios recoñecementos internacionais.