Carmen, que casou para Baroña, conta que entre outros traballos ten ido coas cuadrillas a plantar e que o monte ten sido de grande importancia para o sustento familiar. Aínda que tivo outros traballos en fábricas de peixe e demais, sempre mantivo unha relación co monte en tanto era un sustento para a casa.