Francisco, o actual vicepresidente da Comunidade De Montes de Baroña e da Comunidade de Augas, e a súa muller Josefa, cóntannos o que recordan nestes 40 anos que levan casados e vivindo na aldea. Nos últimos 10 anos, Francisco explícanos a labor en ambas Comunidades e o seu funcionamento. Josefa tamén nos fala do pasado dos seus avós e a súa relación co monte e coa labranza nas hortas. Por último, nos falan tamén ambos de tradicións e relacións xa bastante perdidas entre os veciños da aldea e eles mesmos.