Joaquín Queiruga e Begoña Méndez son un matrimonio do lugar de Vilar na parroquia de Baroña. El é mariñeiro e ela coida da casa e traballa nun restaurante. Aínda que chegaron a vivir unha temporada en Canarias, na súa casa sempre houbo plantación. Contan a dureza da vida de antes pero tamén a satifacción de ter produtos de seu.