Entrevista nº 1739

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A entrevista fala sobre a memoria rural da parroquia de A peregrina (Santiago de Compostela), establecendo un percorrido pola vida persoal da entrevistada. Adestramento dos soldados na zona da carballeira. Pais: a súa nai era costureira antes de casar e o seu pai agricultor e gandeiro. Animais: vacas, vois, cabras. Cultivos: millo, trigo (pan e para vender), patacas, avena e centeo. Venda de productos patacas e ovos. Regadeira: muller que viña dende Vista Alegre a vender alimentos María Manuela fíxose cargo do negocio familiar de venda de gando (terneiros, carne e leite). Escola: iba ás clases con nenas. Eran máis de 10 e viñan das zonas do arredor, incluso do actual Polígono do Tambre Comida: pan con mantecam leite, broa millo, rosco, castañas, bacallau as festas. Monte veciñal: eucalipto, carballo, castiñeiros, etc. Cada veciño ten a súa parcela. Castromil: as mulleres levaban os seus productos a vender. Festas: iban a Santiago, especialmente ao Pilar (detrás da Alameda) e a Ascensión. Médico; cada familia tiña un arrendado e cando pasaba algo, chamábano e acudía (unha especie de alugueiro anual). Emigración: houbo bastante, especialmente a Alemaña.