Entrevista nº 1741

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Orixe e traballo dos pais. O seu pai era de San Lázaro e traballoy nunha droguería e fábrica de productos de limpeza e perfumería en Santiago (no Hórreo) que logo se desprazou a Milladoiro . A súa nai era de Amio e adicouse as tarefas domésticas (costura, traballo de campo e coidados dos familiares). En Amio había máis leiras e máis traballo gandeiro. Escola: división entre nenos e nenas. Loxo xa mudou a ser mixta. Moi boa calidade nos aprendezaxes. Tratos dos profesores. Bailes e festas: baile na oana da ponte, preto da estrada. Tocaba a gaita, as panderetas as mulleres e un acoreon. Logo fixéronse populares os discos. Estudos superiores: estudou Dereito. Asociación Monte do Gozo: fundouse no anos 1974, chamándose teleclub. O local foi construido polos veciños co fin de proporcionar actividades a xente de San Lázaro que de normal só poderían desfrutar se se desplazaran a Santiago. María Trinidad dende nova colaborou no traballo no centro antes de converterse en presidenta da asociación. Fala sobre as dificultades á hora de reunir á veciñanza. Hoxe en día a xente non está tan involucrada nin ten tanta disposición para participar nas actividades. A asociación recibe o nome de Monte do Gozo porque dende alí pódese ver toda a Parroquia e área de San Lázaro. Amio: sistema de auga comunal. Emigración: había pouco traballo e soldos pequenos. A xente marchou principalmente a Cuba, Arxentina, Venezuela, Suíza, Ingalterra, Bruxelas ou Alemaña.