Recordos do entrevistado da vida no barrio de San Lázaro. Casa: Praza enfronte á Igrexa, construída en 1924 denomínase “O Curro”. A toponimia
recolle a antiga función de recollida de cabalos e coches como lugar de paso que era esta
área ás aforas de Santiago.
Transformacións do barrio: San Lázaro antes de ser parroquia, pertencía a parroquia de
Santa María de Sar.
Nos anos noventa, os barrios composteláns sufriron unha transformación. San Lázaro,
como outros barrios da cidade (Santa Marta ou Conxo) eran de extraerádelo. San Lázaro
tivo certa singularidade xa que se foi transformando seguindo a vía de comunicación do
camiño francés que daba acceso á cidade.
Antes de ter o aspecto que ten hoxe, era un barrio pequeno, lineal e rural. A economía
era de subsistencia. Nas familias, o pai ou varón traballaba fóra da casa; e as nais e
mulleres traballaban na casa e leiras. É dicir, seguía o modelo de aldeas próximas a unha
cidade; non houbo unha economía unicamente agrícola tradicional senón que combinou o
traballo doutros sectores como o industrial e os servizos.
O barrio transformouse dunha fase rural cara novas conexións coa cidade. Nos anos 90,
experiméntanse maiores cambios en toda a cidade de Santiago. Ao ser capitalidade a
urbe vai sufrir unha transformación que vai afectar, no paradoxo máis aos barrios que ao
centro posto que a este último se lle aplica certa protección patrimonial. Os servizos cos
que había que dotar á cidade son desprazados aos barrios. Nese sentido, San Lázaro
pasa de ser un barrio tradicional a un centro administrativo coas súas respectivas
consellerías e coa reimplantación do Camiño de Santiago (época de Fraga). Ao comezar
a chegar una gran cantidade de peregrinos, o bario modifícase para darlles servizos.
A nivel político, na Xunta de Manuel Fraga e na alcaldía de Xerardo Estévez (arquitecto),
187
se constitúe a oficina de rehabilitación de Santiago. Esta implanta un modelo
conservacionista con respecto ao centro histórico (San Pedro, Sar, San Lourenzo) pero
quedan desprotexidos os barrios de entrarádelo dende o punto de vista urbanístico.
Asístese a un proceso de homoxeneización. Todos os barrrios comparten unha imaxe a
nivel construtivo (ej. Santa Marta e San Lázaro) e con elo, a despersonalización dos
barrios. Dende o punto de vista sociolóxico ten moitas implicacións postos que no centro
habilítanse moitas institucións e albergues pero non zonas residenciais. Estas quedan
desprazadas ás aforas (berrios dormitorio: Vertamirans, Milladoiro, Teo).
Pásase dun barrio semirural a un barrio integrado na cidade. Isto tuvo moitas
consecuencias como a chegada de xente foránea. Arquitectonicamente houbo
modificacións (fachada flotante de granito e ventás verdes de granito).
A día de hoxe, o barrio cambio socioloxicamente aínda que conserva algúns elementos
en orixe como a festa da Uña ou o movemento veciñal.
O entrañado urbanístico trázase seguindo a liña co camiño de Santiago, logo reformado e
ampliado pola estrada de Lugo. Previamente vía 19 (Braga-Lugo). A partir de aí, créase o
Lazareto en época medieval o cal é dos vestixios máis antigos do barrio que se atoparon
coas excavacións realizadas para habilitación do edificio de Medioambiente e edificios
administrativos na zona da Agraria. No edificio Pazo da Deputación foi a último hospital
dedicado a atender a leprosos. Ten ocupación continua dende época medieval ata época
contemporánea. Hoxe este edificio depende da consellería de montes, antes Escola de
capacitación Agrícola.
Rúa Gallastegui estivo na Agraria traballando coa experimentación do millo.
Igrexa románica que se desmantela no 1924-25, construíndose a nova. No testeiro, na
parte superior está a cruz románica da Igrexa orixinal e que Castelao recolle nas cruces
de pedra na Galiza.
Distribución dos fogares : casas detrás as hortas agras ; zonas forestais cara as
Cancelas, Viso, canteira.
Zona de influencia do barrio: ata as Cancelas, Ponte de San Lázaro (Tangueiro, Palacio
de Congresos, A Besada) A Muíña, Amio. Estes dous últimos núcléos aínda que son
independientes, pertencen a San Lázaro.
Paredes rio e vías de tren; Coto do viso; Monte Gaiás
Vivendas transformadas en bares impulso con funcionarios nos barrios crénse servizos
que move a economía local pero que ten un impacto grande.
Estadio de San Lázaro moita chegada ao barrio de xente os fins de semana.
Foto aérea do voo americano casa coas parcelas detrás que logo se modifican. Portón,
tellado ás dúas augas e eirado detrás.