Relación co río: os nenos ían bañarse e pescar, as mulleres lavar a roupa.
Agro: usos do territorio e transformación, entorno rural, cria de animais para consumo;
abandono actual do agro con escasas excepcións. Leiras e tipos de cultivo, traballo
realizado por mulleres.
Cura do Sar: influencia na mocidade; creación dunha asociación folclórica na que
participaba todo o barrio, con gran recoñecemento internaciona e premios.
Festas de Sar: actividades que se realizaban, orquestras, comida no Campo do Amo,
alimentación típica dese día.
Economía: relación coa praza, venda de excedentes e aprovisionamento levada a cabo
por mulleres; muíños de auga; forno; curtidoría Harguindey.
Educación: desigualdade na educación das mulleres.
Infraestrutura e servizos: peche das tabernas e aumento das tendas de barrio, cambio do
coche de liña ao autobús, aumento da frecuencia do transporte público, a presenza da
circunvalación cambiou os patróns de lecer e paseo propios das mulleres; carencia de
aparcamento.
Alimentación: cambios nos patróns de alimentación de menor diversidade e mellor
calidade á maior abundancia pero peor calidade dos produtos de consumo.
Relacións veciñais: xente nova, menor sensación de familia,
O barrio: opinións; delimitación; sentimento de barrio. Sensación de abandono actual.