Entrevista nº 1753

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Familia: profesión dos avós e dos pais, as mulleres traballaban fóra da casa. Fogar: horta e animais. Ocio: os nenos xogaban na rúa e no salón parroquial; dous equipos de fútbol: Ginástico de Sar e Cruceiro de Sar. Igrexa e tabernas despois da misa. Identidade(s): pique con Angrois. Servizos: cambio nas tendas de barrio. O barrio: evolución dun entorno máis rural con animais pola rúa, bares e tendas, a un barrio con moita construción nova e menos relación dos seus habitantes co barrio; delimitación; impacto da Cidade da Cultura e do Camiño Portugués. Vida asociativa: comisión de festas. Festas: do barrio e arredores, desprazábanse a pé. Alimentación: autoconsumo na súa maioría; do resto abastecíanse na praza; actualmente merca máis nas tendas do barrio. Igrexa: influencia do cura no barrio, especialmente entre os nenos. Valoración: Insuficientes espazos de aparcamento e transporte público. Idoneidade dos alugueres e cercanía ao centro.