Entrevista nº 1754

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Familia: pai traballaba na curtidoría Harguindey, despois no muíño de Picaños, primeiro muíño eléctrico de Santiago, máis tarde construíu o forno que existe actualmente en Rúa Ponte do Sar. Economía familiar: forno, bois para transporte, venda de trigo e de patacas. Leira traballada por xornaleiros. Animais: vacas, galiñas, coellos e porco. As mulleres vendían o excedente na praza. Muíño na casa do río para millo e trigo. Lecer: xogos da infancia, os nenos xogaban na rúa pola zona de Castrón Douro e de Sar, tamén no campo. Educación: escolas do barrio para nenos, escritura e matemáticas eran as principais materias; ingreso ao instituto; abandono escolar. Oficios: aprendiz de albanel aos 13 anos, conductor voluntario no exército e posteriormente conductor en aeroporto; irmán ebanista. Festas e bailes: descripción e comparativa coas de agora; comida típica; o matrimonio coñeceuse nunha festa. Alimentación: comida diaria; escaseza de produtos, pero non se pasaba fame. Culivábase na leira. Emigración: unha irmá e un irmán emigraron; os galegos emigrados paseaban polo barrio dando mostra de riqueza, a realidade cando retornaban aos países da emigración era outra. Vivenda: varios cambios de domicilio na mesma rúa; construción e remodelación de varias vivendas; construción do forno e a leñeira; moitas vivendas se remodelaban sen licencia. Socialización: homes na taberna, mulleres en cadeiras cara a rúa. Servizos: peche de tabernas por falta de aparcamento; tendas de todo tipo no barrio. Vida asociativa: presidente da asociación folclórica de Sar; labor do cura. O barrio: descrición; cambios e xente nova. Exceptuando algún conflito cun veciño, senten o barrio como unha familia.