Entrevista nº 1755

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Cura de Sar dende 1973. Colexiata: apertura dun colexio mixto, limita a altura das casas no barrio; núcleo da vida asociativa dos veciños. Infraestructura: pouca luz eléctrica, non había recollida de augas, faltaban zonas por asfaltar; moi poucas casas; carencia dun centro sociocultural e espazos de reunión para a veciñanza; novo aparcadoiro no campo de fútbol. Industria: só dúas empresas por pouco tempo, marmolería e carpintería. Xoiería en Castrón Douro. Identidade(s): Sar único barrio que queda con identidade propia; xente coñecíase polo nome. Partes do barrio. Diferenciación barrio e aldea. Tradicional rivalidade con Angrois, hoxe integrado no barrio. Servizos: tabernas. Tendas, barbería, floristería. O imprescindible. Carencias suplidas pola cercanía ao centro. Ocio: xogos no salón parroquial da Colexiata; a mocidade quedaba para ir ao centro; 2 equipos de fútbol que se fusionaron nun, durou ata o 2010 aproximadamente. Vida asociativa: creación da Asociación folclórica para implicar á xente xove, tivo moita repercusión internacional. Implicación dos veciños para esixir cambios; propiedade comunal da terra. Traballo da muller: lavandeiras para os seminaristas, recollida de leña, coidado dos fillos, venda de produtos na praza con cestas na cabeza. Construción: construtores principais do barrio. Agro: case desaparecido, pouco futuro. O barrio: delimitación, problemas e carencias, propostas e valoración.