Entrevista nº 1768

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A muller comenta que ten máis dunha hectárea que traballa ela soa. Empezou a traballar a horta da nai e da avoa con oito anos e aprendeu delas. A avoa tiña xornaleiros. O avó era gandeiro. Tiñan e criaban porcos e vacas. A familia vendía en feiras como a de Baio. Estudou en Santiago mais seguía a axudar na terra. Cando casou marchou catorce anos a Venezuela. Ao volver retomouno. Vivían plenamente da horta. Colleita legumes, verduras, millo, froita, plantas e herbas (tomate, repolo, coliflor, patacas, amorodos, albahaca, xenxibre, cúrcuma, cebolas, espinacas, xudías, leituga, pementos, brócoli, xirasol...). Fai ela esterco co seu gando (galiña, polo, coellos, ovellas). Di que está a favor do invernadoiro, o malo é cando se lle bota herbicidas á terra. Non ten maquinaria.