Entrevista nº 1771

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

É bisneto dun desaparecido, pai do avó paterno, que aínda non atoparon. Apresárono despois de estar agochado con máis xente durante uns meses na casa dun emigrado no Uruguai. Nese tempo tivo un fillo. Alguén deu a voz e prendéronos a el, José Ramón Ro, ao cuñado Luis Iglesias e mais a Juan Aragunde, quen os agochara. Este último era o único que non tiña militancia política. O avó fora ver ao pai ao cárcere antes de que os fusilasen nos Martices, Vilagarcía. Non se sabe exactamente pero suponse que foron enterrados nunha fosa común. Á bisavoa pedíronlle un pago de 25 pesetas para recuperaren os restos, mais non tiñan cartos porque ademais a xente xa non contrataba aos membros da familia. Se non non tiñan cartos en vez de enterralos no cemiterio mandábanos á fosa común. A avoa e a cuñada fixeron ruído con latón cando morreu un dos vitimarios, o falanxista “Carabeleiro” e se celebraba o seu enterro (ao que non acudiu ninguén), en sinal de alegría, polo que foron detidas. Non sabían exactamente onde estaba a fosa, mais Andrés, o fillo (avó do entrevistado), ía a un lugar concreto a levarlle flores, e máis adiante, na democracia, a bandeira republicana e da CNT, e aí edificouse un monumento. Despois de que morrese sóubose que alí non estaba o seu pai nin a fosa. Non saben se están debaixo dalgún nicho, nun osario ou os fixeron desaparecer. Contan outra experiencia dunha fosa en Cornazo, onde o avó aseguraba ver como enterraban uns fusilados; despois de non atoparen nada descubriron que a irmá dunha deles fora unha noite nos anos 40 para desenterralos, estando hoxe no Grove. O avó non contaba nada ata que a familia empezou a preguntar polo que lía na prensa. O pai tampouco se interesara moito, pero conta que cando estrearon un documental no paraninfo da Universidade. A diferenza de interese e implicación das distintas familias das vítimas.