Entrevista nº 1773

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A entrevistada é do Val (Narón). O pai era labrador e estivera emigrado en Cuba de mozo. A nai tamén era labradora, morreu dunha pneumonía con 39 anos. Tiña moitas fincas. Ela e a irmá máis vellas (eran 7) non foron á escola. Ía moito á misa. Cada primeiro venres do mes confesábanse. Fala de como ían ao baile, como coñeceu o home. O baile deixou de facerse coa guerra. Un día apareceu un coche con varios homes, como levaban veciños e os levaban detrás do cemiterio da igrexa. As paredes do templo botaron tempo cos buratos. Como chamaban ás casas á noite para que carretasen os fusilados e os enterrasen. O caso dun agochado que non atoparon. As quendas de mañá e tarde para cavaren as fosas (non eran da zona). Outro caso dun mestre que daba vivas a Rusia. Enriba das fosas puxeron nichos. O toque das campás cando se conquistaba unha vila ou cidade republicana. Lémbrase do Cara al sol e cántao. Fala dun “chivato” que andaba sempre na busca dos fuxidos, e como o acabaron matando. Non lle constan casos de rapadas. Moitos homes da zona foron embarcados no Baleares.