Entrevista nº 1774

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

El naceu 29 marzo do 44. O enterrador contoulle as historias nos 50. Atoparon uns ósos por casualidade, até ese momento non estaban seguros de onde estaban os fusilados. O enterrador dixo que debían de ser novos por un cranio. O caso dun home que se negou a matar a un e matárono a el. Ela naceu en 1950. A familia dela mercara o nicho sobre o que están os restos. Os avós estiveron enterrados aló até os 2000. A nai dicíalle que había parroquias en que os curas delataban a xente para que os matasen. O cura chegara no ano 35, inda que era moito menos apreciado pola veciñanza do que o seu sucesor. Contan o caso dun fuxido que estivo agochado debaixo da casa.