Nada o 17 de marzo de 1941. Mataron o pai (Marcelino López Leira) cando tiña sete anos. El era cabo na mariña. A nai morreu tamén de nova. Na familia falábase abertamente do ocorrido. Comentábase que o mataran por ser contacto dos fuxidos. A tía queimou todo, mais ela atopou unhas cartas do pai á nai. Sabía quen era o home, garda civil, que mandou matar ao pai, e gabábase de violar e matar (a el acabárono matando tamén). Traballou no sanatorio de tuberculosos e aló coñeceu unha muller que estivo presa polo mesmo motivo e viu o pai maltratado. Descubriu nun acto de memoria histórica que estaba enterrado en San Mateo, no nicho familiar. Matárano con dous máis no cemiterio e obrigáronlles a uns obreiros que cavasen a fosa, que non saben onde estaba. Anos máis tarde grazas a un contacto sacaron o pai de aí. Como se levaba coa xefa de Falanxe de Ferrol conseguiulle unha paga ao avó, malia que sabía quen era o pai. Conta a historia dun veciño escapado e como outras persoas levaban comida á casa para cando baixase. Fala un pouco da situación e competencia lingüística en galego dela e da filla.