Entrevista nº 1776

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Nado o 17 de febreiro de 1934. Botou quince meses facendo o servizo en África. Coñece un fillo dun asasinado que apareceu en Filgueira; o cura díxolle que non lle deixaban enterrar comunistas e ao final accedeu a que o enterrasen nun recuncho á noite. Os enterramentos clandestinos. Contáronlle que os da Falanxe ían matar o mestre e o cura unha nai impedírono. Outro que foron matar e tirárono pola ponte, mais non afogou e apareceu anos despois vivo. Nos anos 40 había moita fame. Nos mercados deses anos había troco en vez de cartos. Os da Falanxe ían á súa casa para requisaren comida, durante dous anos. As cartillas do racionamento. O contrabando de alimentos na fronteira portuguesa. Os roubos do tren que ía a Vigo con provisións que paraba en Filgueira. A chegada da luz nos 40. O aproveitamento do río e o monte para a pesca e a colleita. A finais dos 60 indemnizárono por unha finca á beira do río ao crearen un embalse, mais non houbo moita conflitividade nese concello. Xa na democracia as reunións con ENCE para a plantación de eucaliptos e piñeiros nos montes comunais; deixou a comunidade de montes no 99, á que se entraba se se tiña casa na parroquia. Foi concelleiro independente no 79.