Entrevista nº 1800

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Entrevista acerca da vida no mar, no barrio da Mariña e na emigración. Comeza contando cando naceu, onde, e a que se adicaban os seus pais, narrando logo os seus propios inicios no mar aos catorce anos e como o seu pai estivo sempre preocupado porque se dera de alta na Confraría de Pescadores da Guarda. Conta tamén en que tipo de barcos traballou, e como cando lle ofreceron comezar a traballar en Pescanova sopesou que era mellor emigrar a Alemaña. Estivo alí dez anos e voltou, indo a Marrocos á langosta. Fala tamén da súa muller redeira, da vida e pésimas condicións de traballo no barco, dos accidentes na mar narrando algún susto seu, da vida no barrio da Mariña, moito máis dura daquela, da segregación do barrio con respecto a Ribadavila, sendo incluso perseguidos polos guardias se tentaban saír do barrio, das festas do Carme e as Festas do Monte e dunha serie de vaivéns amorosos. Pasa logo a falar sobre a Confraría de Pescadores, o edificio da Casa do Pescador e no que nela había, das tabernas e por último de política entre os mariñeiros.