Entrevista nº 1802

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Entrevista acerca da vida no mar e no barrio da Mariña na Guarda durante o Franquismo e a Transición. Comeza falando dos oficios dos seus pais e do del, mariñeiro. Comenta a que andivo no mar e como era a súa rutina, da vida no barco e a que se dedicaba el dentro, ao tempo que fai un repaso polo proceso de cambio da economía pesqueira guardesa ao longo do século XX. Dá as súas consideracións sobre o cambio no modelo de pesca na vila. Fala sobre o oficio da súa muller, que era redeira. Fai unha descrición de como era a vida na Mariña cando el era pequeno e sobre a rivalidade entre Ribadavila e a Mariña. Aborda a cuestión dos accidentes no mar e un naufraxio que sufriu, cuestións que se poderían ter evitado con mellores condicións laborais. Fala sobre se co que gañaba aba para vivir. Sobre os comportamentos dos mariñeiros con respecto ao alcohol e as tabernas mariñeiras. Tamén aborda cuestións relativas á Confraría de Pescadores “Santa Tecla”, a capacidade dos mariñeiros para reclamaren cousas na institución e o cambio coa chegada dos sindicatos na Transición. Idade á que empezou a traballar, e unha anécdota sobre cnado consegiu o título de Patrón na mili. Cuestións sobre a construción da Casa do Pescador e as actividades que nela había. Cuestión da política entre os mariñeiros, o medo e a repesión. Reflexión final sobre o futuro do mar na Guarda.