Entrevista a unha filla de mariñeiro de gamela, que morreu nos anos corenta afogado nun accidente. A causa disto foi levada a un orfanato onde puido estudar ata chegar a ser administrativa, acabando por conseguir unha praza de funcionaria na Confraría de Pescadores “Santa Tecla” de A Guarda. Fala da súa infancia, de que ela e as irmás foron levadas para o orfanato e a nai quedou aquí sola sen recursos. Fala da situación na Guarda na posguerra e o primeiro franquismo, da fome que había, de como a xente da Mariña ía pedir polas aldeas de comer e da labor da Confraría daquela, así como do seu funcionamento unha vez ela entrou traballar. Tamén aborda as diversas axudas, pensións, seguros sociais etc. que esta concedía e xestionaba. Fala tamén da Casa do Pescador e dos servizos que había nela, tamén da construción da Lonxa e das festas do Carme.