Entrevista nº 1804

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A entrevista céntrase nun repaso arredor da vida no barrio da Marina na Guarda, a profesión de mariñeiro e a Confraría de Pescadores Santa Tecla de A Guarda. Empeza falando dos seus pais e a que se dedicaban, para pasar a falar de como el se iniciou nas artes de pesca, chegando a ser Segundo Mecánico Naval. Narra entón detalles sobre a vida no mar e no barco, e posteriormente sobre a vida na Guarda cando el era pequeno. Fala da escola e do tempo libre. Tamén dos accidentes que había nos barcos e como se xestionaba, sendo a maioría menores, cortes e similares. Comenta unha serie de problemáticas que tivo con respecto á súa cotización á hora de xubilarse. Fala tamén da Casa do Pescador e dá as súas consideracións sobre a Confraría, o trato que daban aos mariñeiros e a controversial figura do secretario da mesma. Tamén comenta como se falaba de política durante o franquismo no barrio e que escoitaban a Pirenaica “ás escondidas”.